Un día cualquiera desde el Ventorrillo hasta Bens

viernes 19 de diciembre de 2008

Cena de Noiteboa

Aquí estou, subida ó andamio…pero esquecinme da última pero mais importante receta do ano… ahí os vai, espero que a elaborades con agarimo e que vos sepa a gloria bendita.
Bo nadal,amigos!


Ingredientes:
  • FAMILIA (é aquí onde todo comeza)

  • AMIGOS (nunca deben faltar)

  • RABIA (se existe que sexa POUCA)

  • PACIENCIA (a maior cantidade posible)

  • LAGRIMAS (secalas todas)

  • SORRISOS (os máis variados)

  • PAZ (en gran cantidade)

  • PERDON (moitísimo e de diversos xeitos)

  • INIMIGOS (de ser posible, ningún)

  • ESPERANZA (non perdela xamais)

  • CORAZON (mentres máis grande, mellor!)

  • AMOR (pode abusar)

  • AGARIMO (importante!!!)

  • SOÑOS E ILUSIÓNS

Modo de preparar:

Reúne á túa familia e os teus amigos.
Esquécete dos momentos de rabia e desesperación pasados.
Se necesitas, usa toda a túa paciencia.
Seca as bágoas e substitúeas por sorrisos.
Xunta a paz e o perdón e ofréceo aos teus inimigos.
Deixa que a esperanza creza no teu corazón.
Agregar á mestura anterior, todo o amor e o agradecemento que teñas e moitísimas ganas e agarimo.
Aos poucos vai incorporándolle á receita, os teus soños e as túas ilusións.
E colocándoo á calor das túas esperanzas, encomenda todo a Deus.

Recordar:

Non sempre os ingredientes da vida son gustosos, polo tanto hai que saber mesturalos como se van ofrecendo e presentando, e facer con todo un prato de bo sabor. ...E non vos esquezades de ter cerca todos os días esta receita. Aínda que algúns ingredientes nestes tempos parecen difíciles de conseguir podemos obtelos cun pouco de esforzo e se mesturamos ben o noso prato será único e inesquecible.

0 Comentarios. Manifiesta tu opinión: